• O Ministerio pretende publicar os listados
provisionais a finais de setembro.
• Os primeiros exercicios, segundo informou STAJ hai
tempo, serán no mes de NOVEMBRO, máis ben na segunda quincena.
• O tribunal publicarase no BOE nos próximos días.
TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA.-
Podemos
confirmar que se vai publicar nos vindeiros días no BOE a rectificación dos
erros que comunicamos dende STAJ ao Ministerio de Xustiza esixindo a súa
rectificación, que realizarán como non podía ser doutro xeito.
a.
Corrixen os erros da fase de concurso. A valoración dos méritos é a mesma que a
publicada en Xestión, coa excepción de valorar neste corpo de xeito preferente
á experiencia en TPA e por suposto sen límite de 2004.
b. Tamén
corrixen os erros da fase de oposición, a penalización do 2º exercicio e o 3ª
de word 2010.
Dado que non afecta á presentación de instancias, o
prazo mantense e segue aberto.
Por outra banda, indicar que nos próximos días
publicarán os temas de word. Dende STAJ esiximos que a publicación sexa urxente,
xa que o opositor debe coñecer de que temario se examina. O tribunal tamén se
publicará nestes días.
AUXILIO XUDICIAL.-
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.
Fálase de datas aproximadas a finais de novembro.
Dende STAJ non podemos considerar estas datas a día de hoxe, porque o prazo de
presentación de instancias aínda está aberto, deben publicar as listas provisionais
de admitidos e as definitivas, e descoñécense as cifras de instancias que se
van presentar.
En canto nos comuniquen datas probables de publicación
de listados provisionais etc ... e avancemos en datos, informarémolo con
urxencia.
O Ministerio de Xustiza mantén a intención de publicar en setembro, máis ben a
finais.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.