STAJ presentou non
últimos meses demandas xudiciais nos xulgados do Contencioso Administrativo co
gallo de obter dereitos que a
Administración da Xunta de Galicia lle está negando ao noso colectivo
reiterada e inxustificadamente.
Neste senso
presentamos demandas, despois de esgotar a vía administrativa, en contra das
Resolucións denegatorias, logo das solicitudes que presentaron moitos
compañeiros/as, para disfrutar un dia de
libranza por cada garda de dispoñibilidade, ainda que non houbese acudido a
traballar en horario de tarde ou en fin de semana, e para cada un dos
funcionarios/as integrates da garda. Tamen
se actúa sobre o descanso obrigatorio de
11 horas diarias inenterrumpidas. Esta
posibilidade está recollida nunha Directiva europea e nunha recente sentenza do
Tribunal Europeo de Xustiza, que cremos totalmente aplicable a regulación das
nosas gardas de dispoñibilidade, que ainda que non te obriga a traballar como
si estiveras de permanencia che limitan
os movementos e a liberdade de deplazamento recortando a posibilidade de
ocio e de descanso.
STAJ
tamén xudicializou a posibilidade, que se recolle na Orde da Dirección Xeral de
Xustiza que regula a xornada laboral e o horario, de ter un día mais de asuntos
propios si se está de garda o dia 24 ou o día 31 de decembro cando caen en días
laborables. Esto que a DXX agora nega, xa o concedeu no ano 2016
e a todos os que fixeran gardas, de permanencia e de dispoñibilidade, sen
necesidade, no caso desta ultima de haber acudido ao aposto de traballo ese
dia. Suposto claramente regulado na súa propia norma e que a DXX o pasado ano
2018 denegouno de xeito xeralizado ao compañeiros/as que estiveron eses días de garda de dispoñibilidade nas Vilas
galegas.
Igualmente
demandamos a DXX pola negativa a conceder días de permiso como “deber
inexcusable” para cuidar na casa un
fillo/a menor, nos casos que estando enfermo non están hospitalizados.
Consideramos en STAJ que dentro dos permisos por “deber inexcusable ou
relacionados coa conciliación da vida laboral e familiar” esta a obriga que se
recolle no Codigo Civil de cuidar e velar polos fillos menores, e mais no caso
de enfermidade aínda que non sexa grave. Contamos con informe favorable da
Secretaria de Estado e dunha Resolución favorable do Ministerio de Xustiza nun caso concreto, asi como unha
sentencia que se dictou nun caso doutro
colectivo de traballadores/as públicos.
Tamén
temos iniciado o trámite administrativo previo, para a reclamación xudicial se
fose necesario, do recoñecento e pago pola Admon do dereito do persoal que está
ou estivo non últimos 4 anos realizando unha substitucion vertical a cobrar o
cen por cen do concepto de paga extraordinaria como se pertenecese ao Corpo no
que esta substituíndo, grazas a sentenza que STAJ acadou neste
sentdo en Canarias.Se estades nesta situación dirixidevos as delegaosas de STAJ
na vos localidade e pedidelle mais información.
Os primieiro xuizos
están señalados a principios de xuño, según vaiamos coñecendo as sentenzas xa
vos imos informando.