martes, 4 de junio de 2019

Incremento salarial variable e fondos adicionais para 2019.

A Xunta de Galicia, do mesmo xeito que o resto de administracións, deber proceder a incrementar o salario dos traballadores/as a partires do próximo mes de xullo nun 0.25% adicional, porcentaxe que corresponde ao incremento variable como consecuencia do cumprimento da previsión de crecemento do PIB en España.

Cabe lembrar que a subida salarial pactada para este ano 2019 foi do 2.25% fixo ( sobre todos os conceptos), máis unha parte variable dependendo do incremento do PIB do ano anterior ( ano 2018) , igual ou superior ao 2.5%. Esa condición cumpriuse, posto que o PIB do ano 2018 incrementouse nun 2.6%, polo que se confirma que veremos incrementado o salario nun 0.25% adicional en todos os conceptos salariais.

Non obstante o anterior, debemos esperar a ver que ocorre, debido a que temos un Executivo en funcións e esta subida salarial é necesario que primeiro se aprobe en Consello de Ministros.

Este incremento representa unha subida pírrica, en moitos casos de 5 ou 6 € brutos ao mes e nin sequera se aboa con carácter retroactivo desde o inicio do ano, senón que se abona desde xullo en diante. Con todo si que consolida en nómina para futuros incrementos salariais.

Tendo en conta que as nóminas de xullo péchanse nos primeiros días de xuño, o Consello de Ministros debería levar a cabo a aprobación do incremento na reunión do próximo venres, en caso contrario pode ser que non se abone na nómina de xullo, senón que se abonaría en meses seguintes con carácter retroactivo desde xullo.

Por outra banda, tamén queda pendente a repartición dos fondos adicionais referidos ao ano 2018. Estes fondos representan un incremento do 0,20 % da masa salarial. A masa salarial é un concepto global que representa a suma de tódalas retribucións de tódolos funcionarios/as, equivale a cantidade total do que se destina a salario, pero aínda queda pendente por saber como se vai a distribuír ese diñeiro entre os funcionarios/as.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.