Publicados
novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura
mediante substitución entre titulares con data 10 de maio de 2019.
As
prazas ofértanse conxuntamente para a súa
cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa
normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario
de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e
prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións
verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de
preferencia determinados na norma.
Os
avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente
se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por
periodos de longa duración.
Os/as
interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao
Anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás
substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas
ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha
das prazas, será a que recollida na solicitude.
A
información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.