Hoxe publícase no DOG RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2019, da
Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen os permisos
retribuídos de que poden gozar os electores a órganos de representación
de persoal da Administración de xustiza en Galicia que exerzan o dereito
de voto o vindeiro día 19 de xuño.
2 HORAS: para o persoal cuxa mesa electoral esté no mesmo edificio onde prestan servizos
3 HORAS: para o persoal cuxa mesa electoral esté situada na mesma localidade, pero distinto local ou
edificio, onde presten habitualmente os seus servizos
4 HORAS: para persoal cuxa mesa mesa electoral esté situada en localidade distinta da que presten
habitualmente os seus servizos ou estean destinados. Este permiso pode ampliarse no tempo maior indispensable naqueles casos en que
as circunstancias así o impoñan.
As persoas que compoñen as mesas, os/as interventores/as e apoderados/as das
candidaturas gozarán dun permiso retribuído de xornada completa no día
da votación e dunha redución de cinco horas na xornada de traballo do
día inmediatamente posterior.
Preme aquí para acceder á resolución
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.