A
Dirección Xeral de Xustiza aprobou o Plan anual de vacacións 2019 para o
persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza (corpos
de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación
procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial), en servizo activo, que
presten servizos na Administración de xustiza en Galicia.
DURACIÓN: 22 días hábiles.
- 15 anos de servizo...................23 días hábiles.
- 20 anos de servizo...................24 días hábiles.
- 25 anos de servizo...................25 días hábiles.
- 30 anos de servizo ou máis.......26 días hábiles.
Ditos días poderán gozarse dende o día seguinte ao do cumprimento dos correspondentes anos de servizo.
SOLICITUDE E PRESENTACIÓN:
De acordo co artigo 12 da Resolución do 12
de febreiro pola que se ditan instrucións relativas ao uso da tarxeta de
identificación persoal, ao control do cumprimento da xornada e horarios de
traballo e mais á tramitación das solicitudes de vacacións, permisos e licenzas
para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, as
solicitudes tramitaranse obrigatoriamente a través da oficina virtual do
persoal da Administración de xustiza (OPAX) e asinaranse electronicamente,
pasando a estar dispoñibles na bandexa do superior xerárquico para o seu
informe e validación.
As vacacións gozaranse dentro do ano
natural e ata o día 31 de xaneiro do ano seguinte.
A planificación das vacacións anuais
realizarase distinguindo dúas tempadas:
TEMPADA
“A”:
Do
01/07/2019 ata o 30/09/2019.
Semana
Santa: do 15/04/2019 ata o 21/04/2019.
Nadal:
do 23/12/2019 ata o 06/01/2020.
TEMPADA
“B”:
Do
07/01/2019 ata o 14/04/2019.
Do
22/04/2019 ata o 30/06/2019.
Do
01/10/2019 ata o 22/12/2019.
Do
07/01/2020 ata o 31/01/2020.
Prazo
de presentación
As solicitudes deberán presentarse no servizo nos seguintes prazos ordinarios:
-
Para vacacións durante a tempada “A”:
-
As vacacións de verán solicitaranse ata o 31 de maio, as de Nadal ata o 15 de
decembro.
-
Para vacacións durante a tempada “B”:
-
Ata o día 15 do mes anterior ao do gozo das vacacións.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.