A Dirección Xeral non vai abonar nesta nómina de febreiro as subidas salariais ás persoas que están de baixa. A argumentación esgrimida é que a Seguridade Social non é capaz de actualizar as bases de cotización á nosa normativa actual.
En clases pasivas non hai ese problema, pero queren esperar a abonar as subidas salariais a todo o persoal á vez. Dende decembro que cambiou a normativa, aínda que entrou en vigor o 18 de xaneiro, tempo tiveron de actualizar as nóminas para o persoal que está de baixa, que segue sen ver nin un peso dos incrementos salariais, que ainda que estes incrementos sexan máis ben tibios ou pouco perceptibles, non teñen por qué esperar tanto a percibilos.
Lembrade que ata antes da reforma da LOPX en decembro que posibilitou STAJ, o persoal que estaba de baixa non cobraba as subidas salariais (incluidos os trienios) ata que non se incorporaba da baixa e sen efectos retroactivos. A partires desta reforma o persoal de baixa debe cobrar calquera subida salarial mentres esté de baixa, eso sí, esperemos que a nosa Comunidade Autónoma sexa quen de abonar as subidas, por suposto con efecto retroactivo a xaneiro, na próxima nómina de marzo.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.