Onte saíu publicada no BOE, a resolución definitiva do concurso de traslado para todos os Corpos e Escalas de funcionarios ao Servizo da Administración de Xustiza e, como cada unha das ocasións na que nos atopamos nesta tesitura de gran mobilidade de funcionarios que poden chegar á nosa Comunidade desde calquera ámbito da xeografía española e mesmo para aqueles funcionarios que proceden de xurisdicións distintas ao posto de traballo que van ocupar, STAJ solicita algo tan importante como unha adecuada formación individualizada para as diferentes necesidades que cada un dos compañeiros "mobilizados" polo concurso poida chegar a ter.
Unha formación "a distancia" non resolve os problemas puntuais que poden xurdir nos diferentes postos de traballo porque estes poden ser moi variados e, por tanto, non estar suxeitos a "libro" senón que poden derivar da "idiosincrasia" que cada Xulgado ten establecida na súa organización.
É por iso, que STAJ entende, e así o solicitou á Dirección Xeral, que esta formación debería estar tutelada por un compañeiro de cada un dos órganos xudiciais que reciba aos novos traballadores, debendo ser esta actividade voluntaria, retribuída e inmediata á chegada do persoal que se moveu para Galicia no concurso.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.