martes, 12 de junio de 2018

REFORMA LEI DE AXUIZAMENTO CIVIL. PRÓRROGA VACATIO LEGIS LEI DO REXISTRO CIVIL (entrará en vigor o 30-06-2020)

-      No BOE de hoxe 12 de xuño publícase a Lei 5/2018, do 11 de xuño, de modificación da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, en relación á ocupación ilegal de vivendas, en cuxa Disposición Final primeira inclúese a modificación da  vacatio  legis da Lei do Rexistro Civil, naquelas disposicións que aínda non entraron en vigor.

-      No articulado modifícase a Lei de Axuizamento Civil, na parte relativa ao xuízo verbal en materia de  interdicto para recobrar a posesión e artigos relacionados.

Texto disposición Final Primeira:

Disposición final primeira.

Modifícase a disposición final décima da Lei 20/2011, do 21 de xullo, do Rexistro Civil, que pasará a ter a seguinte redacción:

«Disposición final décima. Entrada en vigor.

A presente lei entrará en vigor o 30 de xuño de 2020, excepto as disposicións adicionais sétima e oitava e as disposicións finais terceira e sexta, que entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación no “Boletín Oficial do Estado”, e excepto os artigos 49.2 e 53 do mesmo texto legal, que entrarán en vigor o día 30 de xuño de 2017.

O disposto no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo da entrada en vigor o 15 de outubro de 2015 dos artigos 44, 45, 46, 47, 49.1 e 4, 64, 66, 67.3 e disposición adicional novena, na redacción dada polo artigo segundo da Lei 19/2015, do 13 de xullo, de medidas de reforma administrativa no ámbito da Administración de Xustiza e do Rexistro Civil.

Ata a completa entrada en vigor desta lei, o Goberno adoptará as medidas e os cambios normativos necesarios que afecten á organización e funcionamento dos Rexistros Civís.»

Axuizamento civil
      Lei 5/2018, do 11 de xuño, de modificación da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, en relación á ocupación ilegal de vivendas.


Desde  STAJ, seguiremos traballando para que a Lei do Rexistro Civil sexa modificada antes da súa definitiva entrada en vigor, para que o Rexistro Civil permaneza como un servizo máis da Administración de Xustiza, servido enteira e exclusivamente por funcionarios da Administración de Xustiza, con mantemento da estrutura e demarcación actuais, incluídos os Xulgados de Paz, con plenas competencias rexistrais

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.

No hay comentarios :

Publicar un comentario