martes, 26 de junio de 2018

Concurso especifico: praza de Coordinardor/a da Fiscalia de A Coruña

Recibmos este mail da DXX:

Comunícasevos que a data prevista de publicación da Resolución do 15 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña, será o día 26/06/2018 no BOE e o  28/06/2018 no DOG.


O prazo de presentación será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, de acordo co que dispón o artigo 49.5 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.