jueves, 31 de mayo de 2018

STAJ solicita á restitución da bolsa de horas mentres non se remate coa reforma da LOPJ

Debido á multitude de enmendas presentadas polo grupo parlamentario do Partido Popular e xunto coa situación política actual nada fai pensar que durante este ano se finalice coa actual reforma parlamentaria da Lei Orgánica do Poder Xudicial e poidamos gozar da recuperación dos tres días que nos faltan da totalidade dos 9 días de asuntos particulares.

STAJ solicita a la Dirección Xeral de Xustiza que se proceda a levantar a suspensión  provisional  acordada  das previsión contidas no artigo 10 da Resolución do 12 de febrero de 2014 que establecía a posibilidade de que mediante un sistema de compensación de horas realizadas no horario flexible, o persoal ao servizo da Administración de Xustiza puidese acumular un número de horas equivalente a tres xornadas laboráis e, en consecuencia, a posibilidade de desfrute de ata tres días completos de libranza.

Solicitamos igualmente que se proceda á habilitación de forma inmediata da opción no sitema Kronos da bolsa de horas anual, xa que hai que considerar que para o goce durante o ano 2018 dos días de  libranza por acumulación das horas en horario flexible esta acumulación debe producirse durante este ano, polo que non se pode esperar a finais do mesmo para decidir a restitución do sistema, polo simple feito de que xa sería tarde para iso ao non ter tempo material para xerar as horas.

ver escrito presentado

No hay comentarios :

Publicar un comentario