miércoles, 22 de noviembre de 2017

STAJ gaña as eleccións en Asturias

O persoal de xustiza asturiano confiou unha vez máis en STAJ e séguenos confirmando como primeira forza sindical no seu territorio.

Despois dun longo proceso por mor da impugnación das eleccións por unha asociacións de Secretarios xudiciais, e a necesidade de pospoñer os comicios polas recientes  movilizacións lideradas por STAJ que culminaron con importantes melloras salariales para os funcionarios e as funcionarias de xustiza de Asturias, onte volveron a celebrarse as eleccións sindicais na Administraciónde Xustiza de Asturias.

STAJ revalida a súa hexemonía e volve gañar as eleccións logrando 6 delegados. Damos as gracias a todos os que depositaron a súa confianza no único proxecto sindical profesional, independiente e específico de Xustiza que existe en España e comprometémonos a seguir traballando na defensa dos dereitos e mellora das condicións de traballo do persoal da Administración de Xustiza.