martes, 28 de noviembre de 2017

Concurso de traslado 2017: Finaliza el plazo de presentación de alegaciones y posibilidad de renuncia

Hoxe martes día 28 de novembro de 2017 expira o prazo de presentación de alegacións á listaxe provisional do concurso de traslado entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza. Tamén será o último día para presentar renuncia por causa xustificada á participación no mesmo.

Lembrámosvos que, respecto da resolución definitiva, na súa última comunicación o Ministerio informounos que será previsiblemente para xaneiro do ano próximo. Con todo, segundo o art. 46.1 do R.D. 1451/2005, do 7 de decembro, o período de tempo necesario para poder concursar cóntase desde a data da Orde de convocatoria do concurso.