martes, 28 de noviembre de 2017

CONCENTRACIÓN E PITADA AO CONSELLEIRO E A FEIJOO

RUEDA ESCOITA, A XUSTIZA ESTÁ EN LOITA

ou

SE ESTO NON SE AMAÑA, CAÑA CAÑA CAÑA, SE ESTO NON SE ARREGLA, GUERRA GUERRA GUERRA

Estas e outras máis son algunhas de consígnas coas que varios delegadoss de STAJ e doutros sindicatosrecibimos ao Presidente Núñez Feijoo, o Conselleiro Rueda, o presidente do TSJ de Galicia e outras autoridades. Onte todos eles coa desfachatez á que nos teñen afeitos paseáronse, coma se non pasase nada, polo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo para o acto da presentación do proxecto de reforma do Xeral. Non quixemos deixar pasar a oportunidade e recibímolos cunha soada pitada en mostra do ambiente que reina entre os funcionarios xudiciais e do que lles espera para o vindeiro día 1 de decembro, primeiro día de folga.