Non entendemos como na inmensa maioría dos casos en que se
modifican ou actualizan o programas informáticos, e tamen cando se instalan
novas aplicacións, nin se lles da información previa ao persoal de Xustiza, nin
se lles instrue ou forma no manexo de esa novas aplicacións, ou de esas aplicacións
modificadas ou actualizadas.
En moitos casos aos funcionarios/as non se lles informa da
actualización ou modificación dos sistemas, nin da instalación de novos
programas informáticos, nin a eles nin a os superiores, tampouco se lles forma
de xeito concreto no manexo desa nova aplicación ou se lles instrue nas
modificacións de programas que xa se veñen usando.
Eso supón, primero unha perda de tempo do funcionario/a que
debe enterarse da existencia de esa nova ferramenta, e de xeito autodidacta averiguar
para que sirve, como usala e como
sacarlle partido o seu manexo, e segundo un retraso na utilización correcta e
na extracción do máximo rendemento desas aplicacíons.
SOLICITAMOS que con carácter previo a súa utilización, se
informe a todo o persoal das modificacións ou actualizacións dos programas
informaticos, asi como da instalación de novas aplicacións. Que con carecter
previo a súa utilización se forme ou instrua o persoal interesado, no manexo
desas novas aplicacións ou nas modificacións realizadas, para que nos haxa
perdas de tempo innecesarias e se lles poida sacar maior partido dun xeito mais
rápido e eficaz e esas novas ferramentas informáticas.
Ver contido completo do escrito