domingo, 3 de septiembre de 2017

Subvencións que deberían eliminarse

No BOE do día 16-08-2017 publícase unha nova convocatoria de 8.883.890 euros en subvencións a sindicatos.  Como xa sabedes o Sindicato STAJ non cobra subvencións posto que renunciamos a elas. Negámonos a cobrar este tipo de prebendas, entendendo que o medio de financiamento non debe constituílo as subvencións, senón a cota sindical dos seus afiliados.  Por tanto, consideramos que as subvencións constitúen un gasto innecesario que é urxente suspender e mesmo suprimir xa que ese diñeiro debería dedicarse a mellorar os dereitos dos traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza, sobre todo no que se refire ás retribucións de todo o persoal, en lugar da financiar sindicatos.