lunes, 19 de octubre de 2026

Nomeados os reforzos solicitados en Xinzo, Ribadavia, O Carballiño e Trives

O mesmo día  entrada en vigor da nova bolsa de interinos, STAJ presentou un escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza o pasado día 25 de setembro no que expuña a situación de varios partidos xudiciais da provincia de Ourense. Había reforzos pedidos polos LAJ de Xinzo, Ribadavia e O Carballiño, nalgúns casos dende hai máis dun ano, sen resposta. 

No escrito solicitábase a autorización inmediata de persoal interino para:

  • Xinzo, Ribadavia e O Carballiño: un mínimo dunha persoa de tramitación/xestión en cada Tribunal de Instancia, conforme ás peticións previas dos LAJ.
  • Trives: cobertura do auxilio xudicial, xa que o partido quedara sen persoal neste corpo tras o cesamento do único auxilio da plantilla.

Hoxe confirmouse o nomeamento de todos estes reforzos que tomarán posesión esta semana.

Dende STAJ valoramos que, por fin, se atendan unhas necesidades que viñan sendo evidentes. Os atrasos en servizos sen persoal acumúlanse semana a semana, e quen os soporta son os compañeiros e compañeiras que sacan adiante o traballo día a día.

Seguiremos atentos á evolución destes partidos xudiciais e a calquera outra necesidade de cobertura que os LAJ trasladen e non estea resolta. Se na túa oficina hai prazas sen cubrir ou reforzos pendentes, comunícanolo. 



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras