jueves, 14 de septiembre de 2017

STAJ volve a pedir unha Mesa de Retribuccións.

No mes de xuño pasado.visto a subida salarial no CAT e na productividade, que se estaban a acordar noutros territorios co gallo da implantación da Nova Oficina Xudicial, solicitamos unha Mesa de negociación  para tratar a súa mellora  e pedismolle aos Sindicatos que nos sentaramos a falar de posibles accións conxuntas,, a prol da mellora retributiva,  non sucedeu nin unha nin outra cousa, pero non nos rendemos.
De novo onte STAJ remitiu escrito a Dirección Xeral de Xustiza, esixindo a convocatoria urxente dunha Mesa Sectorial de Retribucións donde se negocie unha mellora no CAT e na Productividade, tal como aconteceu xa en Canarias, Valencia, País Vasco, Cantabria, Navarra, Madrid e quiza en Asturias en pouco tempo.
Somos os penultimos en canto a cantidade que cobramos no CAT, e a media do que se cobra nos distintos territorios do estado supero en 102 euros o que nós cobramos, con respeto a productividade a cousa e vergoñenta e as diferenzas son abismais.
En tódolos territorios que lograron negociar unha mellora retributiva houbo unión sindical, aqui debemos empezar por iso, e dende STAJ estamos a promovela, agora é o momento de iniciar a loita conxunta, non se pode esperar máis 
Ver escrito presentado