viernes, 15 de septiembre de 2017

RETRIBUCIÓNS. A Unidade Sindical fainos maís fortes.

Despois dun primeiro intento, alo polo mes de xuño, de chegar a un acordo para reivindicacións conxuntas no eido retributivo e en algún tema máis, sen que a necesaria unidade sindical tivese lugar, hoxe mesmo STAJ volve a plantexarlle ao resto de Sindicatos da Xustiza en Galicia a urxente e indispensable unidade, para poder afrontar con éxito unha negociación dunha mellora salarial a nivel autonimico no CAT e na Productividade.

En outros territorios con competencias en Xustiza, moitos dos mesmos sindicatos que estamos en Galicia si fomos capaces de deixar de lado interes partidistas e particulares, e poñerse a empuxar todos na mesma dirección para conseguir o obxetivo da subida na nómina: Por que aquí de momento non?.

Non hai excusas, debemos sentarnos, falar e acordar cousas conxuntas e facelas ao unisono, ainda así vai ser dificil conseguir nada, pero sin esa unidade o fracaso e seguro. Xa  dixemos máis veces, é o momento de actuar e de actuar todos xuntos, facer cousas por separado non posue nin a forza nin a contundencia para doblegar á Administración, ademáis de crear desánimo nos compañeir@s.

STAJ cre necesaria a unidade sindical e loitaremos para que se produza a unidade dos sete sindicatos que temos representación en Xustiza, pero si esa unidade dos sete non fose posible, loitaremos pola unidade da maior numero de Sindicatos posible, que sempre e mellor que por separado.

Dende STAJ os pedimovos a todos/as que lles esixades aos delegados dos distintos sindicatos que vos visitan a diario no voso lugar de traballo, que debemos unirnos, que aparquemos as diferenzas, que nos sentemos e falar a prol do colectivo que representamos, que fagamos cousas xuntos e nos enfrentemos á Xunta como un solo, pero coa forza de todos. 

É polo voso, é polo noso.!!!