A fiscal especializada
en violencia de xénero Pilar Fernández lamentou a "falta de compromiso
político" do Goberno Galego a respecto da violencia de xénero, que no que
vai de ano cobrouse a vida de tres mulleres e un neno en Galicia.
Nunha entrevista en Cadea
Ser, Fernández denunciou a "precariedade" coa que traballan "a
día de hoxe" e criticou o feito de que non se substitúa aos xuíces durante
as súas vacacións de verán. "Non está xustificado un recorte como
este", defendeu, á vez que asegurou que a resposta que dan aos afectados
non é a que quererían dar, senón a que poden achegar tendo en conta os recursos
dos que dispoñen.