viernes, 28 de julio de 2017

Subida do 1% na nomina de xullo

Onte a última hora da mañán chegaronnos as nóminas do mes de Xullo ó correo electrónico, e tal como nos habían comunicado ven reflexado en tódolos conceptos retributivos deste mes unha subida do 1%, e veñen tamén os atrasos desa subida desde Xaneiro, igualmente os atrasos da subida do 1% que lle correspondería a paga extra e na paga adicional 

As nominas parace que veñen ben, ainda así vos recomendamos que lle votedes unha ollada, eso sí volven a ser farragosas para entendelas correctamente

Primeiro especifican a subida do 1% en tódolos conceptos retributivos dos meses de Xaneiro a Xuño, mes a mes,  incluidos complementos,  gardas, prolongacións de xonadas e calquera outro concepto retributivo que se huberan cobrado nese periodo restándolle o tanto por cento que corresponde por mutualidade, IRPF e dereitos pasivos. 

Despois especifican a nómina ordinaria do mes de xullo, donde se aumenta o 1% de subida de tódolos conceptos e lle aplican os correspondentes descontos.

Por último aplícanlle a paga extra semestral dende o 01/12/2016 ó 31/05/2017 esa subida do 1% cos descontos correspondentes  e deseguido especifican a subida do 1% sobre a paga adicional, ainda que consta como "especifico" (que é unha cantidade que cobramos solo en Xullo e Decembro acompañando as pagas extras) e que se devengou dende o 01/01/2017 ó 30/06/2017.

IMPORTANTE: Si fixechedes no periodo de vai dende o 1 de xaneiro a 30 de xuño, calquer tipo de garda, prolongacións de xornada, quendas, substitución vertica....., debedes ter reflexado os atrasos da subida do 1% desas cantidades nesta nómina.

Como vedes complicárono un pouco, pero despois de analizar varias nominas detenidamente cremos que están ben, salvo erros concretos, ainda que e mellorable a súa confección para que resulte máis sinxelo entendelas.