viernes, 28 de julio de 2017

Novos Xulgados en Galicia

O Ministro de Xustiza reuniuse, dentro da Conferencia Sectorial, cos Conselleiros de Xustiza das CCAA con competencias na materia, e tal como habiamos anunciado dende STAJ fai unha semana  publicando incluso o borrador do Real Decreto de creación de novos órganos xudiciais que nos facilitaron desde o Ministerio, Catalá anunciu que en Galicia vanse crear 4 novos xulgados, un en cada unha destas localidades A Coruña, Ourense, Vigo e Ferrol.

A súa creación vai ter lugar no mes de septembro, ainda que a súa posta en funcionemento  non sera inmediata e podriase retrasar ata finais de ano.

E unha boa nova, pero non son suficientes eses catro novos xulgados debendo crearse moitos máis en todo o territorio galego, empezando polas sete grandes cidades e pasando polas vilas, fan falta máis xulgados de Instancia, de Instrucción, de Violencia, do Penal e algún do Social, para ter unha Xustiza axil e poder dar unha resposta rápida e eficaz aos cidadans.

Cremos de urxente necesidade a creacion, entre outros, dun Xulgado do Penal en Ourense asi como un cuarto Xulgado en Vilagarcia e Ribeira.
Ver a noticia en noticias.juridicas.com