miércoles, 19 de julio de 2017

Mesa Técnica Comisións de Servizo

Onte, 18 de xullo, acudimos a Mesa Técnica de comisións de servizo, convocada por parte da DXX.  Nesta mesa propúxose por UGT (uníndose AXG-CUT e CSIF) a posibilidade de regular as comisións de servizo na mesma orde cás substitucións, coma en Andalucía. A Xunta preguntou a todas as organizacións sindicais por esta posibilidade. Por parte de STAJ, CIG e CC.OO alegamos que era conveniente a súa regulación por separado e con urxencia inmediatamente despois da regulación das comisión de servizo porque as substitucións teñen a suficiente entidade como para regulalas por separado: retribucións, formas de ceses, prioridades, requisitos de acceso, etc… moi diferenciadas das comisión de servizo. STAJ considera que necesitan regulación específica e aínda que Andalucía sexa a única Comunidade que as regula no mesmo texto, tanto en Cantabria coma no País Vasco coma  en Valencia teñen regulación separada.

No que sí coincidimos todos é na urxencia imperiosa da regulación tanto das comisións de servizo coma das substitucións en Galicia.

 Facemos agora un resumo das alegacións  feitas polo sindicato STAJ:

-No borrador non se detallan as comisión de servizo para postos singularizados (Xestor/as responsables en fiscalía, Xefaturas no IMELGA, e Xefaturas na Nova Oficina Xudicial cando entre en funcionamento. Dende STAJ cremos necesaria unha regulación específica dos postos singularizados., nas próximas RPTs que entrasen en funcionamento proximamente.

- Que os requisitos de acceso non sexan idioma e antigüedade, senon antigüedade e idioma, coma no concurso de traslados.

-Que aparte das prazas vacantes, sexan incluídas as liberacións sindicais.

-Que a convocatoria sexa comunicada con carácter previo por correo electrónico ás Organizacións Sindicais.

-Pedimos suprimir os 6 meses de servizos de traballo efectivo para poder optar á comisión. Que non se limite o tempo de servizos prestados.

-No borrador non se admite outra solicitude que vía telemática co certificado electrónico e co programa CHAVE365. Se hai problemas co acceso ó portal e ó sistema, STAJ solicita que sexa posible enviar as solicitudes por FAX, en caso de avaría e imprimindo o erro ou a súa incidencia correspondente.

MOI IMPORTANTE:

-Sabemos que o informe é preceptivo e non vinculante, pero aínda así  STAJ pide:

-Se o órgano de orixe se nega a informar, que se entenda por evacuado AFIRMATIVAMENTE.

-Pedimos que as prazas que se xeren por comisión sexan cubertas mediante substitución.

-Solicitamos a supresión da penalización se a renuncia á comisión se se produce antes da efectiva toma de posesión. E se a renuncia se produce despois de tomar posesión cambiaríamos a penalización a non poder pedir outra nova comisión en 6 meses, no gallo de un ano, como dí o borrador, excepto en casos xustificados e debidamente acreditados, nos que solicitamos a supresión da penalización.

-Respecto da regulación por circunstancias especiais nas que se pode pedir unha comisión de servizos  (vítima de violencia de xénero, acoso laboral, situacións graves de saúde) o STAJ solicita maior contundencia nos requisitos esixidos: resolución xudicial que obrigue ó abandono do posto de traballo na localidade na que resida a muller vítima de violencia de xénero; informe do Servizo de Prevención no caso de acoso laboral, etc… en definitiva;  máis desenvolvemento deste artigo en aras de poder garantir unha maior transparencia, pedindo ademáis:

-Que se forme una Comisión Paritaria integrada polas  organizacións sindicais , xunto coa DXX, para valorar a proposta da documentación presentada nestes casos e a gravidade da situación da persoa afectada.