PLUBICAMOS A CARTA INTEGRA QUE LLE MANDAMOS A DXX.
ENRIQUE ARAUJO MARTINEZ, en representación do Sindicato de Traballadores da
Administración de Xustiza (STAJ) en Galicia.
EXPOÑO:
PRIMEIRO.-Dende o ano 2010 os traballadores da Aministración de
Xustiza en Galicia levamos sufrindo unha serie de recortes na nomina que
produxeron unha disminución do poder adquisitivo superior ao 15%. Algúns de
eses recortes sufrímolos durante anos e en exclusiva os empregados públicos da
Xustiza galega, sin que compañeiros doutras Comunidades e do ámbito Ministerio
se visen afectados por tales disminucións na nómina.
Recortes uns, que
inciden, ou incidiron directamente nas reribucións como o do 5% do Goberno de
Zapatero, a retirada da paga extra polo Goberno de Rajoy de decembro de 2012, e
recorte no CAT practicado por o Goberno de Feijoo durante catro ano 2013-2016,
recorte salarial este que solo sufrimos na Comunidade Galega e a conxelación
salarial dende o ano 2011 oa 2015, ou a perda de poder adquisitivo como este
ano en que a subida vai ser do 1% cando a inflación superara esa cantidad con
creces, e os decontos en caso de incapacidade temporal (baixa), que se manteñen
con multitude de casos donde se descanto por enfermedades que noutros
territorios non teñen desconto.
Outros recortes non
afectan directamente no nómina dos traballadores, pero si que supoñen unha aminoración indirecta dos ingresos de
determinado persoal, pois deixaron de percibir axudas que antes recibían, como
a supresión case por completo da Acción Social, e redución das axudas da MUGEJU
e das súas contías.
SEGUNDO.-Por outra banda, a intención da Dirección Xeral de
Xustiza que ten pensado en breve empezar por instaurar en Galicia a Nova
Oficina Xudicial (NOJ), na cidade de Ourense e progresivamente ir extendedoa a
o resta de cidades e vilas de Galicia, cousa á que este Sindicato non se opón
sempre que se respeten os dereitos dos traballadores, non haxa perda de
retribucións, non se elimine ningún posto de traballo, nadie salga da
localidade de destino, para o seu diseño e para a as RPTs se conte cos
traballodores e os seus representantes, se asigne persoal suficiente e se
corrixan errores e deficiencias que se detectaron noutro territorios donde esta
a NOJ funcionando mal.
Este cambio
organizativo tan profundo,debe como dixemos, contar cos traballadores para que
sexa eficiente e efectivo, e sabemos que a súa colaboración e implicación e determinante
para que esta reforma organizativa non sexa traumatica e non dea mis problemas
que beneficios. Nadie mellor cos traballadores coñece como funcionan as cousas
nos xulgados, e ninguén mellor ca eles/elas saben cando as cousas se fan ben u
mal no ámbito organizativo, por eso nunca debe facerse as súas costas e a dos
seus representantes, pois nese caso o fracaso sería rotundo.
A implantación da NOJ
vai supor unha nova forma de traballar do persoal, van a necesitar dun periodo
de adaptación co dificultoso que poder ser, van a ter maior responsabilidade
nas funcións encomendadas, están obrigados a unha actualización de coñecementos
e a
traballar en equipo, ademais de sufrir unha perda de destinos gañados
por concurso que crea incertidume e problemas de índole organizativa. Todo esto
implica un maior esforzó dos funcionarios, que deben colaborar coa
administración para que todo salga o mellor posible, e unha colaboración que
para que sexa eficaz debe ser estar basesada na boa vontade e polo tanto ten
que estar compensada cunha maior retribución, pouco ou nada salirá ben si non
se incentiva e estimula económicamente ese esforzo e esa colaboración.
TERCEIRO.- Comunidades Autónomas donde recentemente se instaurou
a NOJ, e baseandose no que acabados de indicar, chegaron a un Acordo cos
Sindicatos para unha subida salarial para todo o persoal, subida que reconoce e
compensa ese esforzó extraordinario, esa implicación esa colaboración e esa
maior responsabilidade dos funcionarios de Xustiza para que a NOJ se instaure e
funcione o mellor posible desde o seu comenzó.
Falamos en concreto
das Comunidades Autonomas de Cantabria, País Vasco e Valencia, donde se chegou
a Acordos que posibilitan, nuns casos que xa estean a cobran máis, ou que a
partires de xaneiro do 2018 se suban as retribucións de todo o peroal de Xustiza,
ainda que a NOJ non se implantase en todo o seu territorio.
Outras sen embargo
como Asturias donde o seu Goberno non quixo chegar a Acordos de subida
salarial, enfrentanse a unha convocatoria de folga para outono e a unha falta
de colaboración e implicación de todo o persoal de Xustiza que de seguro
dificultará a posta en funcionamento da NOJ en condicións minimas de éxito.
O propio Goberno da
Xunta recoñece que a economía galega mellorou
e o déficit público está controlado, e que Galicia esta dentro das tres
Comunidades Autónomas que cumpriron de sobra co déficit imposto por Bruxelas,
non quedan excusas, hay que mellorar o soldo dos empegados públicos que tanto
sacrificio económico e esforzo fixeron en beneficio da recuperación económica,
toca compensalos.
CUARTO.- Somos conscientes que por ser Corpos de carácter
nacional os únicos conceptos retributivos que dependen das Comunidades
Autónomas con competencias transferidas no ámbito da Admón de Xustiza son o
Complemento Autonómico Transitorio (CAT) e a Productividade, conceptos
retributivos que na súa contía están moi por debaixo das contías que pagan
outras Comunidades, incluso están moi por debaixo da media que sae do pagado no
ámbito Ministerio e do resto de Autonomias.
Eso é hora de que remate esta diferenza, e se remate tamen con
que Galicia sexa, desde sempre, un
dos territorios donde os funcionarios de
Xustiza cobran menos por ambos conceptos. E como mostra os 604 euros de media
que cobran no País Vasco de CAT o que lle hai que sumar 390 de plans de
actuación, en Galicia 431 de CAT. Con respeto a Pruductividade en
Cataluña e Madrid a cantidade ronda os 80 euros de media o que lle hai que
sumar plans de actuacións concretos, en Galicia a Productividad son 9,70 euros,
unha vergoña.
Neste senso, cremos
necesario unha subida salarial línea, tanto no CAT como na Productividade,
subida salarial que debe ser efectiva para todos e cada un dos funcionarios dos
Corpos de Medicos Forenses, Xestión, Tramitación e Auxilio, tanto tiulares como
interinos, que presten servizo na comunidade galega, e que se traslade a
nomina desde o primeiro día que se
instaure a NOJ en Ourense, e sempre como moi tarde a dia 1 de xaneiro do 2018.
Subida salarial que debe negociarse cos Sindicatos a vez que se negocia o NOJ e
as RPTs, negociacións que deben rematar con respectivos Acordos para que esa
nova organización da oficina xudicial sexa asumida polos traballadores e se
comprometan con ela.
En base o exposto, SOLICITO:
Que de xeito paralelo a negociación do diseño da NOJ e das RPT´s para a
localidade de Ourense, se convoque Mesa Sectorial de Retribucións para negociar
a subida salarial nos Conceptos
retributivos do CAT e de Productividade, subida salarial que debe alcanzar a todo o persoal da Administración de Xustiza
da Galicia e que será efectiva desde á implantación da NOJ en Ourense e como
moi tarde o 1 de xaneiro de 2018.
Se a mellora
retributiva non se negociase ou non se chegase a un Acordo cos Sindicatos, STAJ
opoñerase frontalmente á implantacion da NOJ en Galicia e iniciará movilizacións e medidas de presión,
incentivando a posibilidade de folga, para que esa suba salarial tan necesaria
teña lugar, e nos saque no eido retributivo, do furgón de cola da Xustiza en
España.
Pontevedra a 5
de xuño de 2017.
Ver escrito co sello de presentación
DE INMEDIATO PROPOREMOS OS DEMÁIS SINDICATOS UNIDADE DE ACCION
AGORA É O MOMENTO, NON O DEIXEMOS PASAR!!!.QUEREN TER
NOVA OFICINA XUDICIAL. OU MELLORAN AS RETRIBUCIÓNS OU QUE NON CONTEN CON NÓS!!!