jueves, 29 de junio de 2017

REUNIÓN DE STAJ CO DIRECTOR XERAL. RETRIBUCIÓNS.

O pasado xoves dia 22 de xuño, Staj Galicia reuniuse co Director Xeral de Xustiza e coa Subdirectora de persoal, REUNION NA QUE PROPUXEMOS DE XEITO DIRECTO, XA O FIXERAMOS POR ESCRITO,  MELLORAS RETRIBUTIVAS PARA TODO O PERSOAL E PARA XULGADOS E SERVIZOS CONCRETOS.

Tendo en conta que den o ano 2010 os traballadores da Aministración de Xustiza en Galicia levamos sufrindo unha serie de recortes na nómina que produxeron unha disminución do poder adquisitivo superior ao 15%., e que algúns de eses recortes sufrímolos durante anos e en exclusiva os empregados públicos da Xustiza galega, e con ocasión da posta en marcha da NOX, que vai a esixir aos funcionarios/as un maior esforzo, adaptación a un novo modelo de traballo e de organización, implicación co ese novo modelo, colaboración co resto de administracións e colectivos implicados( Xuíces, Fiscais, Letrados, Médicos Forenses, etc), actualización de coñecementos, a perda de postos de traballo ganados por concurso, etc, expuxemoslle ao Director Xeral a necesidade  de subir as retribucións a todo o persoal da Xustiza en Galica, tanto no CAT como na Pruductividade, oproveitando precisamente e implantación da NOX, co gallo de estimular a implicación tan necesaria do funcionariado na implantación da NOX, tal como se fixo e está a facer noutras Comunidades Autónomas.
O Director mostrase de acordo coa necesidade dunha suba nos conceptos que lles expuxemos, e tamén está de acordo en que é o momento máis axeitado para pedir esa maior retribución aproveitando a implantación da NOX. Pasámoslle o Acordo que sobre subida de  retribucións en relación coa implantación da NOX se levou a cabo en Valencia, e comprometeuse a intentar convencer ao Conselleiro de Xustiza, e a Conselleria de Facenda da necesidade dunha suba retributiva ligada a NOX para todo o persoal da Xustiza galega, aínda que  considera que non vai se doado mentres este en vigor a  Lei galega que impide subas retributivas para os empregados públicos.

POSIBILIDADE DE NEGOCIAR PLANS DE ACTUACIÓNS QUE AFECTEN A TODO O PERSOAL.
En canto a esta posibilidade o Director Xeral manifestounos que son partidarios desta clase de plans, pero que de ser o caso, teríanse que eliminar as ampliacións de xornada, ou faría unha mestura no sentido de poder participar nas “ampliacións de xornada”, pero coa consecución de  obxectivos concretos, posibilidade esta que STAJ solicitou varias veces á Dirección Xeral.

COMPLEMENTO XULGADOS DE VIOLENCIA
Con respecto os incrementos das retribucións para os compañeiros que traballan nos xulgados de violencia de xenero, pola súa maior carga de traballo, polo horario que fan, pois nunca saben a que hora poderán sair, polo sensible da materia que levan, o Director Xeral remitiuse unha vez máis a imposibilidade de aumentar complementos pola prohibición da Lei, pero cree que solo é cuestión de tempo que ese  maior complemento se materialice.

COMPLEMENTO PELIGROSIDADE SCAC.
Pedímoslle ó Direcctor Xeral de Xustiza un incremento salarial os compañeiros alí destinados –complemento de peligrosidade, aumentando o CAT-, polo risco que sofren nas súas salidas a rúa. O Director mostrouse comprensible con esta solicitude manifestou que era algo que se pode estudiar cara a un futuro.

SERVICIO DE RECEPCIÓN DE ESCRITOS E REPARTO E DECANATOS DAS VILAS

Esta cuestión que xa foi plantexada varias veces por STAJ no sentido que aos compañeiros alí destinados se lles vulnera a horaio flexible e carecen de conciliación da vida familiar polo horario que teñen (quedar ata as 15 horas), e pedísmolle unha compensación economica por ese feito, ben maior complemento, ben prolongación de xornada mensual, rotativa e voluntaria. O Director Xeral dixo que  ía estudar esta cuestión e que consideraba que é razoable que se lles compense dalgún xeito.