Publicada con data 29 de xuño de 2017 a modificación
da resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para
a sua cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da
Administración de Xustiza en Galicia.
Logo
da revisión das peticións recibidas nesta Dirección Xeral, e debido á renuncia
á realización da substitución dunha das persoas adxudicatarias, acórdase nova
resolución coa data de efectos indicada en favor das adxudicatarias segundo o
anexo adxunto.
Poden consultar a información na resolución de adxudicación de
postos.
Os correspondentes acordos de substitución entre
titulares serán enviados por correo electrónico aos /ás adxudicatarios/as,
sendo comunicados, á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e
destino para o seu coñecemento