Fai dous anos que a Direción Xeral de Xustiza, o marxen dos sindicatos, diulle a posibilidade a os funcionarios que traballan en aqueles Partidos Xudiciais que contan con un ou dous Xulgados de realizar o Rexistro e Reparto de demandas e escritos mediante unha prolongación de xornada de forma mensual e rotatoria entre os funcionarios de todos os corpos e ambos Xulgados. A principio de este ano de xeito unilateral a propia Direción Xeral decidiu eliminar dita prolongación de xornada aos partidos xudiciais de Lalín e A Estrada, e comunicandolle a Redondela que igualmente serida eliminada a prolongación aprobada para dita localidade.
Alertada por este Sindicato a necesidade de a continuación co debandito progama, presentouse en data 10-05-2017 escrito instando a Direción Xeral o mantemento da prolongación de xornada nos órganos xudiciais de Redondela e a recuperación do mesmo nas localidades de Lalín e A Estrada, pois entendemos que os motivos que deron fundamento a sua aprobación siguen mantendose dado que non houbo cambio ningún que aconselle a retirada da prolongación.
escrito presentado