miércoles, 10 de mayo de 2017

Solicitamos a non caducidade das contrasinais no dominio xustiza.gal

Multitude de compañeiros manifestaron a este sindicato o seu hastío dende que se instalou o dominio de xustiza.gal porque o período de caducidade do contrasinal de 120 días con 30 de preaviso é, canto menos, tedioso. O propio CAU de xustiza recoñeceu a este sindicato que son varias as solicitudes neste senso por parte do persoal.

Somos conscientes de que se fai por cuestións de seguridade, pero os contrasinais dos correos persoais dos funcionarios e funcionarias non deberían estar sometidas a cambios tan próximos no tempo, dado que este continuo cambio nas claves de acceso ó correo  produce un sinfín de caducidades nos mesmos e moitos compañeiros e compañeiras optan por deixar e usalo. Non cremos que se vexa prexudicada a seguridade por permitir que a clave sexa permanente  e se lle permita ó persoal configurar o periodo de expiración se así o desexa.

A petición de moitos compañeiros onte presentamos unha solicitude a AMTEGA (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia), empresa encargada de xestionar o dominio de correo electrónico xustiza.gal, co fin de que as nósas claves de acceso ó dominio non caduquen, pois cada 4 meses temos que cambiar dita contrasinal, algo canto menos moi tedioso e que non leva un plus de seguridade.

Ver escrito presentado