miércoles, 10 de mayo de 2017

Proxecto piloto de Nova Oficina Xudicial en Ourense

Como xa vos informábamos a semana pasada, Ourense foi elixida para facer a experiencia piloto da Nova Oficina Xudicial, e que máis tarde será extensible a toda Galicia, polo que o STAJ considera de máxima importancia o desenrolo deste proxecto, xa que del depende moito o futuro da NOJ en Galicia e polo tanto das nósas condicións de traballo.

Así as cousas onte, día 9 de maio, tivo lugar en Ourense unha reunión informativa sobre a nova oficina xudicial en Ourense convocada pola xefatura territorial de xustiza en Ourense.  A esta reunión asistiron todas as organizacións sindicais presentes na mesa sectorial, a xunta de persoal de Ourense, o xefe territorial de xustiza e o director xeral de xustiza. 

O obxecto desta reunión era o seguinte: información sobre os traballos iniciais para a instauración da nova oficina xudicial en Ourense.

Ler folla informativa completa

Ler noticia no farodevigo.es