jueves, 6 de abril de 2017

Xuros da paga extra de 2012.

Hai xa uns meses que o Tribunal Supremo desetimou os Recursos de Casación en Interese de Lei que presentou a Xunta, e en outros casos a propia Xunta desistiu, polo que os xulgados que suspenderan as extensións de efectos retomaron o procedimento e están de oficio a dictar Autos acollendo esa extensión.

O pasado mes de decembro informamos a tódolos funcionarios que solicitaron a extensión de efectos das sentenzas que recoñecian a devolución da paga extra de 2012, que a Administración ía a pagar os xuros correspondentes a cada un dos que interpuxeron a solicitude, sen necesidade de pedilos nin ó xulgado nin á Administración. 

Tal información foinos faciliatada pola propia Administración e polas Habilitacións, puntualizando que xa se empezaran a pagar de oficio a aqueles que tinan o Auto de extensión de efectos, sen necesidad de pedila axecucion polos xuros. A Administración se encarga de facelas contas e de ingresar os cartos que oscilan entre 18 e 35 euros, dependendo do Corpo, da antiguidade e do momento en que se solicitou a extensión.

Tal pago depende do momento en que cada xulgado levante o suspensión e dicte de oficio o Auto de extensión, que se lle notifica tamén á Administración e esta sen máis fai a liquidadcion e paga os xuros. Eso sí, só os que pedirón a extensión de efectos nos xulgados que condenaron á Xunta ao pago de xuros, que son os de Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago e Lugo. A sentenza de Ourense non recoñece xuros e por iso, solo por iso, a Xunta non os vai a pagar, e no caso de Ferrol xa os pagou co principal.

Sorpresa maiúscula, cando a semana pasada un sindicato saca unha nota informativa, que fai publica en Pontevedra e outras localidades, que ademais de alardear de si mismos  (a esto teñennos acostumbrados), tacha de errónea esa información, e dín que hai que pedilo pago. NON É CERTO. 

Nós xa temos Autos dende fai un ano do xulgado de Santiago, nos que se estan a pagar os xuros, xa temos Autos de Pontevedra e da Coruña (deixamosvos tres exemplos ao final da nota informativa), e non tivemos que facer xestion coa Xunta, nin presentar escritos nos xulgados, NON FIXO FALTA. 

O levantamento da susupensión do procedemento e o Auto de extensión de efectos fixeronos, e estanos a facer os propios xulgados de oficio, para todalás extensións que se presentaron, sen descriminar a ninguén polo feito de quenas presentou. E eso mesmo está a facela Administración, o pagar a todos de oficio, sen discriminar polo feito de quen presentou a extensión, como nos había anunciado. 

Imaxinádesvos, que os xulgados dictasen unhas resolucións de oficio e outras non, ou que a Xunta pagase a  uns de oficio e a outros solo si o solicitan, polo feito de presentar a extensión cun sindicato ou con outro? 

Onte mesmo voltamos a poñernos en contacto coas Habilitacións e en efecto confírmannos que ainda que poucas xa levan pagado desde hai varios meses, e que seguiran pagando según lles vaian chegando os Autos dos Xulgados de oficio, sen necesidade de solicitalo pago, pedironnos paciencia, pois teñen que facer unha conta por cada un de nós e despois de fiscalizadas realizarase o pago na nómina ordinaria, baixo o concepto retributivo de "Intereses" sen mais.

Auto de A Coruña
Auto de Pontevedra
Auto de Santiago