viernes, 7 de abril de 2017

Cursos de linguaxe xurídica Galega

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza, que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

 Un curso de linguaxe xurídica galega nivel medio na modalidade de teleformación: 1 edición. O número de prazas do curso será de 25.Un curso de linguaxe xurídica galega nivel superior na modalidade de teleformación: 2 edicións. O número de prazas do curso será de 50 (25 por edición).
 O curso vai dirixido a xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia; a letrados da Xunta de Galicia; a notarios, rexistradores da propiedade, avogados, procuradores e alumnos das escolas de práctica xurídica de Galicia; a profesores de linguaxe de signos e persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración de xustiza; así como a aquelas persoas que acrediten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.



O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
DOG