jueves, 6 de abril de 2017

Persoal para reforzar as Fiscalías

ONTE DESIGNOUSE POLA DIRECCION XERAL DE XUSTIZA UN TRAMITADOR PARA REFORZAR A FISCALIA DE SANTIAGO E OUTRO PARA A DE A CORUÑA.

O pasado día 22 de marzo STAJ solicitou da Dirección Xeral de Xustiza que de xeito urxente se aumenten a plantilla da Fiscalía de Pontevedra, a de Vigo e a de A Coruña en 3 funcionarios, a de Santiago, Ferrol e Ourense en dos e a de Lugo nun funcionario , todos do Corpo de Tramitación, por tratarse dun déficit de persoal de carácter estructural, e polo tanto se creen tres prazas do Corpo de Tramitación para que se poidan ofrecer non concurso de traslados deste ano,  e mentras  non se resolve o concurso se cubran por titulares mediante Comision de Servicio ou Substitución.

Ademàis para na Fiscalia de Santiago se amplie a sua plantilla nunha praza do Corpo de Auxilio, pois solo conta cunha praza desta natureza, sendo a todas luces insuficiente.

Tamén débese dotar á Fiscalia Provincial de A Coruña de duas persoas máis do Corpo de Auxilio, - a maiores dos tramitadores- para, no seu caso, o traslado de expedientes diario entre a nova sede da Fiscalía e os Xulgados de Instrucción e do Penal.

Sí o tramite pertinente para a creación desas prazas, se alongase mais alo da convocatoria do concurso de traslado, SOLICITAMOS que de xeito provisional se nombren reforzos, ata que se creen esa prazas e se cubran de maneira definitiva por persoal titular.