Este mes de novembro houbo traballadores da Administración de Xustiza
de Galicia, que viron como as retribucións na súa nómina eran inferiores ó
habitual; e despois de ter indagado pola súa conta foron informados polas
Delegacións Provinciais que meses pasados pagáranlles de máis, e que agora
retraíanllo da súa nómina para compensar o que recibiron demáis. Estas
circunstancias repitense tódolos meses, as nóminas teñen pouca o nula
información cando se trata de retraer cantidades.
Este sindicato presenta un escrito de queixa dirixido ó Director de do CIXTEC -que son os que confeccionan as nósas nóminas-, co fin de que cando teñan que retraer algunha cantidade das nóminas dos traballadores, INFORMEN PREVIAMENTE ó traballador, vía correo electrónico e se explique na propia nómina a qué se debe a merma retributiva, primeiro para que o traballador teña a información necesaria e sepa o porqué de pagarlle menos, e segundo para poder planificar os seus pagos, no caso en que se lle quite algunha cantidade.
Escrito presentado