martes, 28 de junio de 2016

Información substitucións entre titulares

Achegamos información sobre a tramitación das substitucións entre titulares que se publicará para o coñecemento de todo o persoal na intranet xudicial.
 ·        As solicitudes serán cumprimentadas de acordo co anexo II bis dispoñible no apartado adicado ás substitucións entre titulares da intranet xudicial. Neste novo anexo habilítase a posibilidade de solicitar máis dunha das prazas que se oferten, e a orde na que se soliciten, será a que se teña en conta como orde de preferencia para o caso de corresponderlle á persoa máis dunha das prazas. (Xúntase o anexo)
 ·        A remisión das solicitudes feitas polo persoal solicitante remitirase a través dalgunha das seguintes canles:
o   Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.es
o   Fax: 981546222
 ·        A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou do correo electrónico enviado, e non será preciso achegar documentación acreditativa algunha xunto coa petición, xa que de ser precisa será requerida pola Dirección Xeral.
 ·        Logo da revisión das peticións recibidas na Dirección Xeral, publicarase na intranet xudicial unha resolución na que se indicarán os nomes das persoas adxudicatarias e a data de efectos das súas substitucións.
 ·        Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos /ás adxudicatarios/as, sendo comunicados, á súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento
Novo modelo anexo II bis