Onte a DXX mandounos o siguinte mail, referente a publicación do Concurso Especifico para cubrir postos singularizados e nas Fiscalías.
Comunícasevos que o día 28 de xullo está prevista a publicación de:
-Resolución da Dirección Xeral de xustiza, pola que se convoca concurso específico para a provisión de postos de traballo de responsable de estatística, rexistro e calidade nas oficinas fiscais de Galicia, co fin de que se proceda a súa publicación.
-Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso específico para a provisión de postos de traballo de coordinador/a nas oficinas fiscais de Galicia.
Como podedes ver nas Resolucións de convocatoria, solo poden participar, por esta vez o tratarse do proceso de acoplamento, os funcionari@s que teñan posto de traballo na localidade donde se ubique o posto o que se opta.
Tamén, visto os méritos e a súas puntuacions, vai ser moi dificil que se adxudique un destes postos a alguén que non traballe ou non traballase nos últimos cinco anos na Fiscalía.
Resolucion convocatoria CoordinadorResolucion convocatoria Resp. Estatistica, Rexistro e Calidade