A Conselleria de Facenda publicou no DOGA de onte un anuncio para o reintegro da pequena parte que nos van a devolver da extra do ano 2012, e un modelo de solicitude que teñen que mandar o persoal que non estuvese en servicio activo o día 1 de maio, e decir, interinos que non estean traballando, xubilados, persoal en excedencia ou quen marchou de Galicia en concurso de traslado o comisión de servizo, etc.
O anuncio di:
" Os importes
correspondentes aos empregados públicos que sigan en activo serán aboados de
oficio pola consellería, organismo autónomo ou entidade a través da cal perciba
as súas retribucións no mes de maio de 2015 e os correspondentes aos empregados
públicos que non se encontren en activo o primeiro día do mes de maio de 2015
serán aboadas polo órgano ao cal lle correspondese satisfacer as pagas
suprimidas, logo de solicitude presentada ante ese órgano polos interesados no
modelo que se xunta como anexo a este anuncio."
Ver anuncio e solicitude oficial no DOGA