Según nos informan
na Dirección Xeral, fai uns días que mandaron para o Ministerio a relación de
prazas que van sair no concurso. Según nos dín é a mesma relación que publicaron
o día 5 deste mes, non aumentou a listaxe nin nas prazas que dende STAJ lle
pedimos, e tamén algún outro Sindicato, nin naquelas que saindo na primeira
relación forón excluídas da segunda.
En concreto
informáronos que a praza de Tramitación do Servizo Común de Rexistro e Reparto
de Pontevedra non sae porque pensan facer unha reordenación, non saben nin
cando se faría ni que alcance teria esa reordenación, pero a praza nona sacan.
Tamén queda un reforzó na Fiscalía Provincial de A Coruña, de oito que existen
solo sean a concurso sete. Como sempre non se nos explican nin motivos nin
razón destas ausencias. Aínda hai tempo para mandar unha nova listaxe máis
ampla na que se recollan as prazas que faltan, ímolo intentar. O CONCURSO SAIRÁ A PRIMEIRA SEMANA DE XUÑO.