O vindeiro 18 de Xuño vanse celebrar en Galicia eleccións sindicais para
elección dos Órganos de Representación dos funcionarios da Administración de
Xustiza en Galicia. Aqueles/as que por diversos motivos(vacacións, permisos,
licencias, etc) non poidades votar de xeito presencial ese día, ou aqueles que
non vos queirades desplazar ata outra localidade para exercer o dereito ó voto,
podedes solicitar xa o voto por correo.
O último día para votar por correo é o 11 de Xuño
Tendes que encher a solicitude e facerlle unha copia, levala á oficina
de correos para que sexan seladas e levar o DNI. Pasados uns
días recibiredes a documentación (papeletas coas candidaturas e sobre para
depositar o voto) no domicilio sinalado ao efecto, e debemos depositar o voto
no sobre de votación, e este sobre metelo nun sobre maior cunha copia do DNI e certifícalo. Se non
se cumpre con estes tramites non terá validez
o voto.
A pesares da solicitude dos Sindicatos, de momento a Xunta non decidiu
facerse cargo dos gastos de envio, polo que habería que pagar, se non decide o
contrario. Aínda así recomendámosvos que gardedes os tikets dos envios postais,
por si acaso.
Deixamos as solicitudes para cada unha das catro provincias galegas.
Deixamos as solicitudes para cada unha das catro provincias galegas.
Solicitude Lugo
Solicitude Ourense
Solicitude Pontevedra