A Dirección Xeral de Xustiza acordou mandar
instruccións ós Servizos Provincais de Xustiza para que compensen cun día libre a
aquel persoal que estivo dispoñible un día completo, co gallo de tramitar
os recursos contenciosos electorais.
Para aquel persoal que non estivo de
dispoñibilidade todo un día pero sí
determinadas horas no día 30 de abril ou no 1 de maio a compensación farase
según dispón a Orde que regula o noso horario:
- Dende
as 17 ata 22 horas dos días laborables se compensaría cada hora traballada con
2 horas.
- Dende
as 22 ata as 7,30 do día seguinte cada hora con 2,5 horas, e o mesmo en
festivos, sábados e domingos.
Estas
compensación horaria realizarase no horario flexible do mes siguiente.
A
tramitación destas compensacións faranse a través do OPAX, como unha incidencia
horaria e con certificado do Secretari@ donde conste o periodo de
dispoñibilidade.