viernes, 24 de abril de 2015

Cursos EGAP.

No DOGA do mercores 22 de abril publicouse a  RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2015 pola que se convocan actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Hai dous cursos destinados a persoal de xustiza titular e interino" Acustodia compartida nas crises matrimoniais" e " A prisión provisional como medida cautelar personal no proceso penal".  Os outros cursos aínda que están dirixidos ó persoal de Xunta de Galicia, tal como di o punto 2, o persoal de xustiza pode optar a algún curso si quedan prazas vacantes.
 O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.O número máximo de actividades formativas que se pode solicitar limítase a tres.
Velo DOGA