jueves, 23 de abril de 2015

Compensación ó persoal dos Contenciosos que tramiten recursos en materia electoral fora da xornada ordinaria.

No día de hoxe mandamos por fax á DXX, a cousa é urxente, un escrito solicitando que o persoal dos Xulgados do Contencioso -Administrativo de Galicia, que por disposición da Lei Organica do Reximen Electoral Xeral teñen encomendadas a resolución de recursos en materia electoral, se lles compense economicamente mediante o uso de prolongacións de xornada, e se cren quendas de xeito voluntario para realizalos trámites correpondentes pola tarde ou cando fose necesario no fin de de semana ou durante un festivo.
Subsidiariamente se lles compense as horas realizadas máis alo da xornada ordinaria, do xeito que dispón o artigo 12 da Orde que regula o noso horario:
- Dende as 17,30 ata 22 horas se compensaría cada hora traballada con 2 horas.
- Dende as 22 ata as 7,30 do día seguinte cada hora con 2,5 horas, e o mesmo en festivos e sábados.
Propoñemos tamen que si as horas traballadas e compensadas do xeito anterior fosen suficientes para librar unha o máis xornadas completas, se permita esa libranza.