viernes, 9 de enero de 2015

Periodo de desfrute de vacacións, moscosos e dias de libranza por acumulación de horas.

A continuación informámosvos do prazo de desfrute dos días de vacacións, tanto días de vacacións coma días de vacacións soltos (7 días), así como os moscosos e os 3 dias de acumulación de horas que podemos gozar en xaneiro de 2015, e que son do ano administrativo 2014:

- As vacacións anuais pódense gozar ata o día 15 de xaneiro do 2015 inclusive.

- Os moscosos correspondentes ao ano 2014 e os 3 días por acumulación de horas pódense gozar ata o día 31 de xaneiro do 2015 inclusive.

Os días soltos de vacacións, - lembrade que neste caso son ata 7 días, que podemos gozar de forma autónoma e polo tanto podemos unilos aos moscosos e aos días de acumulación de horas, non podemos pasarnos do día 15 de xaneiro para gozalos.

Os días por acumulación de horas tamén se poden unir os moscosos.