Como sabedes dende fai tempo constituíse unha Plataforma Sindical de Xustiza formada por (CCOO-CSIF-UGT-USO e CIGA) excluíno a STAJ da mesma coa desculpa de que non estábamos na Mesa Sectorial. Despois naceu unha Plataforma a nivel nacional (STAJ-CCOO-UGT e CSIF)agrupando ó resto de Sindicatos que quixeran participar.Pois ben, a Plataforma galega, reunese en Septembro e decide facer unhas Asambleas, ó unisono có acordado a nivel nacional, para mirar a posibilidade de facer folga, en calquera das súas modalidades, STAJ GALICIA como membro da Plataforma Nacional pide a súa incorporación a Plataforma galega e a participación nas Asambleas, non como convidado, senón como membro de pleno derieto con voz e voto. Non se nos permite tal cousa, e só nos deixan participar nas Asambleas.
O día 30 de Octubre, pasada unha semana dende o remate das Asambleas en Galicia, STAJ remitelle o seguinte e-mail os cinco sindicatos que formar a Plataforma galega: “Hola a tod@s, fixo xa unha semana que remataron as Asambleas, e cremos que sería necesaria unha reunión para acordar as opcións que van a figurar na enquisa, acordar tamen a forma de realizarla e as datas da mesma.
Pensamos que esta reunión non debe demorarse no tempo, máis co estrictmente necesario, pois por un lado se pode enfriar o ánimo da xente e por outro as datas do Nadal non quedan moi lonxe.
Por suposto, cremos necesario que contedes con nós para acordar estos e outros temas que atañan as movilizacións.
Saúdos”.
Tardaron días en contestar, e remitironnos un e-mail o día 6 de Novembro, donde se decía que si queríamos estar na Plataforma deberíamos firmar un documento, non ímos a reproducilo enteiro por extenso, pero a súa Claúsula 7 decia literalmente: “En aras á unidade Sindical e dos Traballadores, e ante os ataques provocados por STAJ nesta e noutras CC.AA, decidimos que o Sindicato que faga pública calquera clase de documento, folla informativa, nota, comunicado, etc, criticando, atacando ou sementando dubidas sobre outro sindicato, ou protagonice calquera acto ou declaración que transmitan falta de unidade ou descrédito do movemento sindical, PROVOCARÁ A AUTOEXPULSIÓN da plataforma.”
A partires de entón, entrouse nun periodo de tira e afloxa de 3 ou 4 días, para que se quitase a referencia que se facía a STAJ, pero esta claúsula non se cambiou polo capricho dos Sindicatos integrantes da Plataforma, quizais para que non criticasemos decisións coma as das "enquisas" e escandalos como os ERES de Andalucia.
Con esa claúsula (feita a posta) o único que se pretendía era “pecharlle a boca” a STAJ e botarnos a culpa no caso de perderse a Unidade Sindical.
Non ímos a tolerar que se nos cale, para que poidan tapar ou escnder a súas miserias, que son moitas e moi graves, POR ISO NON SE FIRMOU TAL COUSA.