No DOGA de hoxe publícase a Resolución da EGAP de 3 de outubro, pola qu se convocan cursos dirixidos ó persoal ao servizo da Administración Autonomica da Comunidade Autónoma Galega, -nos que neste caso non se inclúen os funcionarios de Xustiza-.
Poderá
participar nas accións formativas convocadas por esta resolución o persoal ao
servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma galega que se atope
en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou
acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúna os
requisitos establecidos para cada un dos cursos no anexo II.
Toda persoa solicitante que no inicio
do curso se encontre en situación de baixa laboral por incapacidade temporal,
quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.
As persoas solicitantes deberán dispor
dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude
e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un computador con conexión á
internet.
– Un navegador web co plugin de
flash.
Ver DOGA