Faí uns días publicouse no DOGA unha Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publican os criterios de repartimento do fondo de Accion Social relativos a axuda a atención de persoas discapacitadas, para funcionari@s da administración Xeral da Xunta de Galicia.
Nesta Resolución exclúese do seu ámbito de aplicación o persoal de Xustiza, pois nos contamos cunha partida de cartos, independente, para Acción Social.
O problema aparece cando, esta Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, establece unha axuda mínima de 1.020 euros, e unha máxima de 2.160, dependendo da renda e do grao de discapacidade, pero resulta que o ano pasado a contía da axuda por este concepto para o persoal de Xustiza, apenas superou os 200 euros.
Neste escrito pedismolle a DXX que acabe con esta discriminación, que nós tamén somos funcionari@s da Xunta, ainda que parece que só para o malo.
En Staj Galicia, non entendemos como sendo os mesmos Sindicatos os que negocian unha e maila outra Acción Social, permiten semellante agravio e non lle poñen remedio....será por que a estes Sindicatos, o persoal de Xustiza, interesanlle menos co persoal da Xunta?.
Ver escrito