"O DOG (Diario oficial de Galicia) publicou o pasado 28 de decembro de 2012 o Decreto 263/2012, no que se regulan as condicións para solicitar o anticipo do 50% da paga extra correspondente ao mes de xuño xunto coa nómina de xaneiro.
Para iso será necesario solicitalo antes do 11 de xaneiro de 2013.
O decreto sinala que terán dereito ao anticipo o persoal funcionario, laboral e estatutario da Administración xeral da comunidade autónoma, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e dos entes instrumentais recollidos na disposición transitoria terceira, punto 5, da Lei 16/2010.
Os interesados que así o soliciten antes do 11 de xaneiro percibirán, xunto coa nómina correspondente ao mes de xaneiro, un anticipo igual á metade da cantidade que lle corresponderá na paga extra de xuño de 2013 polos conceptos de soldo base, trienios e complementos de destino ou contía equivalente. ( si vos fixades neste parrafo, soio se cobraran as cantidades polos conceptos que aqui se expoñen, non se cobrará o Complemento Autonomico Transitorio CAT, que ainda que non é para todos o mesmo, oscila entre os 427 e os 560 euros).
Para formalizar a solicitude, os interesados deberán cubrir o anexo I que figura nas instruccións para a solicitude do anticipo e presentalo no servizo de persoal que xestiona as súas nóminas. Os servizos de persoal disporán dende hoxe (venres, 4 de xaneiro) dunha pantalla na aplicación de nómina na que introducirán o NIF dos solicitantes".

Anexo I solicitudes