domingo, 2 de diciembre de 2012

Cursos de linguaxe xúridica galega, para persoal de fora da Comunidade.


     Tal e como solicitou STAJ GALICIA ( ver solicitude  neste Blog o 1 de outubro), a EGAP anuncia a proxima convocatoria de cursos de linguaxe xurídica galega, niveis medio  e superior, na modalide de teleformación,  para persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado fora da nosa Comunidade.

E posible que a convocatoria se publique no DOG do vindeiro día 4 de decembro, sendo o prazo de presentación de solicitudes desde as 8 horas do día seguinte a súa publicación e rematará o día 17 de decembro as 14 horas. Os cursos vanse desenrrolar nos meses de xaneiro- febreiro e marzo, e podría dar tempo para que no próximo concurso do 2013, se poida participar cos puntos a quen dan lugar eses cursos, en base o que nos solicitamos. O número de prazas por curso será de 30.