martes, 28 de julio de 2020

STAJ SOLICITA PROBAS PCR NOS XULGADOS DE VIGO

  • Dende STAJ presentamos escrito solicitando que se practiquen de forma inmediata probas PCR a todos os funcionarios do corpo de Auxilio Xudicial que tiveron contacto coa Fiscalía de Vigo, a todos os funcionarios destinados no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo e igulamente a todos os funcionarios destinados no Xulgado do Social afectado.

No día de onte comunicóusenos pola Dirección Xeral de Xustiza que, de conformidade co previsto na Resolución do 23/03/2020 do Ministro de Xustiza sobre seguridade laboral da Administración de Xustiza durante a Pandemia COVID-19 (apartado segundo. Protocolo para casos positivos e/ou de illamento), procedeuse a comunicación á autoridade sanitaria, así como a dar instrucións de limpeza e desinfección, por caso positivo ou de illamento en varios xulgados da provincia de Pontevedra. Igualmente comunícannos que, seguindo o disposto no protocolo se procedeuse a facer as probas PCR na Fiscalía de Area de Vigo, tanto a Fiscais como ao resto do persoal que presta os seus servizos neste órgano.

Respecto da Fiscalía é necesario ter en conta que nos Xulgados de Vigo prestan servizo outros funcionarios, concretamente os funcionarios do corpo de Auxilio Xudicial,  que por mor do desempeño da súa función desprázanse en varias ocasión ao longo da mañá a Fiscalía, co fin de levar ou recoller documentación ou expedientes xudiciais. Estos funcionarios estiveron polo tanto en contacto directo nas dependencias da fiscalía e estiveron igualmente en exposición e con posibilidade de contaxio, polo que a realización das probas PCR  débese ampliar tamén a este persoal como medida de prevención e rastreo de posibles contaxios.

Igualmente respecto de Fiscalía, tamén é necesario darse conta de que o Ministerio Fiscal traballa a diario no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo, asistindo a  declaracións, vistas orais e outras actuacións, e pasando gran parte da xornada laboral nas dependencias deste Xulgado. Temos coñecemento de que nos días previos ao resultado positivo da proba PCR produciuse este contacto, polo que a exposición dos funcionarios destinados no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo produciuse de forma directa ao estar en contacto estreito con persoal con resultado positivo, polo tanto é necesario que se practiquen as probas PCR a estos funcionarios na mesma medida que se fixo ao persoal da Fiscalía.

Por outra banda, na mesma comunicación da DXX informóusenos doutro caso nun xulgado do social de Vigo. Pese a que xa se levaron a cabo as tarefas de limpeza e desinfección, consideramos que non é suficiente, debendo realizarse as probas PCR a todo o persoal alí destinado e que tuvo contacto cos positivos detectados.


Por todo o exposto dende STAJ presentamos escrito solicitando que se practiquen de forma inmediata probas PCR a todos os funcionarios do corpo de Auxilio Xudicial que tiveron contacto coa Fiscalía de Vigo, a todos os funcionarios destinados no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo e igulamente a todos os funcionarios destinados no Xulgado do Social mencionado anteriormente.

ESCRITO

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras