miércoles, 29 de julio de 2020

STAJ INFORMA. Últimos chamamentos de persoal interino

No día de hoxe saíron publicadas no OPAX chamamentos de persoal interino para que preste servizo nos seguintes órganos que relacionamos por provincias:
  

A CORUÑA


PONTEVEDRA


Na provincia de Pontevedra non é posible a publicación a través do OPAX das seguintes prazas do corpo de tramitación por non existir a ratio de duas persoas por praza:
  • XDO. PRIM. INST. E INSTRUCCIÓN N. 2 LALIN (CTPA)- SUBSTITUCIÓN VERTICAL DO/A TITULAR
  • XDO. PRIM. INSTANCIA N. 12 VIGO (CTPA) – IT DO/A TITULAR
Segundo o establecido na disposición adicional segunda, punto 3 da ORDE do  4 de outubro de 2018  sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia: “de se esgotaren dentro dunha bolsa os integrantes dunha zona concreta de preferencia, os pertencentes dentro da mesma provincia á outra zona de preferencia estarán obrigados, …a aceptaren o chamamento para a outra zona de preferencia”.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras