miércoles, 22 de julio de 2020

MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FRONTE AO COVID-19


Por RESOLUCIÓN DO 17 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade,  modifícase o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Os últimos datos ofrecidos polo Ministerio de Sanidade poñen de manifesto que o  Covid-19, lonxe de estar acabado, ten cada vez máis presenza. Case 5.000 casos (4.581) notificados desde o venres e 685 nas últimas 24 horas fan que a 'segunda onda' de coronavirus en España vaia collendo forma mentres  estamos a espera dun tratamento que poña fin á situación.

Entre as medidas mais importantes  da devandita resolución que nos poden  afectar no desenvolvemento diario das nosas tarefas  , destacamos as seguintes:

Distancia de seguridade interpersoaL.

Deberá cumprirse a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal establecida polo Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 de, polo menos, 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara, de hixiene adecuadas e etiqueta respiratoria.

 Obrigatoriedade do uso de máscaras.

Será obrigatorio o uso da máscara en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Procurarase manter a distancia de seguridade interpersoal entre os traballadores e o público ou, na súa falta, utilizaranse medidas alternativas de protección física



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras